Presente de indicativo
Aparencia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2017.) |
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
O presente de indicativo é un dos tempos verbais. Caracterízase por posuír vogal temática e carecer de sufixo modo-temporal, circunstancia esta última que tamén lle acontece ó pretérito de indicativo.
O presente de indicativo é o tempo do acto de fala dialogado e do estilo directo. É un tempo verbal carente de caracterización modal e de perspectiva cronolóxica.
Valores do Presente de indicativo
[editar | editar a fonte]- Presente propiamente dito: Achega unha realidade coincidente co momento do acto de fala:
- acción puntual: Agora mesmo entra no pavillón.
- acción durativa: Camiña pausadamente.
- acción iterativa: Repenican as campás.
- Valor imperativo: Ti fas a túa tarefa.
- Presente permanente ou intemporal: refírese a realidades de validez temporal ilimitada: Dúas e dúas son catro.
- Presente histórico: Implica o emprego do presente de indicativo referíndose ó pasado: O rei diríxese ó pobo tralo golpe de estado.
- Presente habitual: Sempre deitamos tarde.
- Presente prospectivo: Achega unha realidade futura grazas a un adverbio ou locución: Mañá volven os cativos.
Maneiras
[editar | editar a fonte]ando | varro | parto |
andas | varres | partes |
anda | varre | parte |
andamos | varremos | partimos |
andades | varredes | partides |
andan | varren | parten |